Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Ratos no tren


Unha nova aventura dos roedores máis divertidos para aprender a viaxar en tren.

Despois de ?Os ratos da casa?, ?Ratos de viaxe? e ?Ratos na escola?, as novas andanzas destes encantadores roedores transcorren en tren, no que viaxan,
se divirten e fan algunhas trasnadas.

Dende o punto de vista literario, ?Ratos no tren? mantén a estrutura dos títulos precedentes: estrofas de catro versos con predominio da rima
consonante e palabras encadeadas. Este esquema acentúa o ritmo do relato, potencia a súa oralidade e facilita o seguimento da obra por parte
dos primeiros lectores.

A historia comeza achegándose á estación, onde a animada tropa sobe ao tren despois de visitar o quiosco e montar un banquete na sala de espera.
A plataforma, as vías, os asentos, o bar, o revisor... lugares e personaxes familiares do ambiente ferroviario forman parte do vocabulario nesta
divertida e ecolóxica viaxe.

A proposta plástica creada por Natalia Colombo destaca polo seu luminoso colorido e os abundantes detalles que compoñen a variada escenografía.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura