Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Noite de lúa

  • Ref. ZKL-3434759
  • ISBN: 9788413434759
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Risari, Guia
  • Colección: Premio Compostela
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 05/11/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Unha invitación a contemplar e compartir a beleza da Lúa.

Aprendera dende pequeno a mirar o ceo e a noite, sobre todo a maxestosa saída da Lúa. ?Dime, Lúa, como estás? ?, preguntaba Paulo. ?Baixa, por favor. Gustaríame tanto que todos aquí puidesen admirarte...? A Lúa non respondía e non se movía nin un centímetro, ata que unha noite comezou a descender. 

Escrito por Guia Risari cunha linguaxe poética e evocadora e ilustrado por Paulo Domeniconi con gran detallismo e cun brillante tratamento da luz, ?Noite de Lúa? é un álbum ilustrado no que texto e imaxe conflúen de maneira harmónica para narrar unha historia tenra e emotiva sobre a necesidade da beleza e a importancia de compartila e gozala en colectivo.

Unha proposta fascinante para lectoras e lectores de todas as idades que nos convida a descubrir a beleza da Lúa ?inesgotable fonte de inspiración para a creación artística? e nos envolve na súa atmosfera onírica chea de misterio e curiosidade.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura