Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Galiciaplanismo caníbal

  • Ref. ZKL-9213624
  • ISBN: 9788419213624
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Reixa, Antón
  • Colección: Rizomas
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 05/11/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Unha nova ollada ao universo poético de Antón Reixa, onde se cruzan a perplexidade, o escepticismo e a fascinación polo país. 

En ?Galiciaplanismo Caníbal?, Antón Reixa ratifica o seu universo de perplexidades, dúbidas e escepticismo sobre a existencia e a sobrevivencia na rutina cotiá. Directa ou indirectamente, Reixa asume a súa propia e reiterada fascinación polo país como obsesión antropolóxico-artística e fonte de contradicións, ambigüidades e paradoxos. Será ese galiciaplanismo a clave dun xeito universalista e diverso de ver o mundo desde Galicia ou unha superstición de entender Galicia como unha realidade plana e unívoca?

Nas presentacións do libro, Reixa ofrecerá, acompañado do músico Nuno Pico (Grande Amore), un avance do show homónimo que preparan conxuntamente e que se plasmará en concertos e recitais, así como en gravacións de audio e vídeopodcasts. A colaboración
deste artista interdisciplinar con Nuno, un dos representantes máis sobranceiros da actual e nova escena musical galega, permitiralle compartir e unir poemas, vídeos e cancións.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura