Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Flop e o lago

  • Ref. ZKL-3434599
  • ISBN: 9788413434599
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Demademora
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

As profundidades do lago esconden moitos segredos, pero tamén unha gran valentía.

Todos os domingos Flop vai ao lago cos seus irmáns maiores. Mentres eles xogan e nadan na auga, el prefire observar desde a beira. Está seguro de que o fondo esconde segredos inquietantes e non se atreve a nadar. Un día, saltando entre as rochas, un descoido mergúllao nunha incrible aventura que o levará a superar os seus medos e inseguridades. 

A aclamada autora e ilustradora canadense Marianne Dubuc asina esta obra sobre o crecemento, a superación dos medos e a autonomía persoal na que o seu protagonista vive unha experiencia transformadora entre o real e o soñado. Unha viaxe a través das profundidades do lago na que terá a oportunidade de aprender a nadar e a gozar da auga. 

Un álbum cheo de detalles e de gran formato, ideal para lectores e lectoras a partir de tres anos.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura