Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Escolas na e coa natureza


Un manual pedagóxico que sitúa a educación na e coa natureza como eixe transformador para repensar a escola pública e a formación da cidadanía.

En ?Escolas na e coa natureza?, Corine Martel e Sylvain Wagnon reivindican o medio natural como espazo educativo fundamental, capaz de artellar coñecementos, experiencias e valores que dificilmente poden limitarse á aula. Aprender ao aire libre permite observar, experimentar, formular hipóteses e comprender a interdependencia entre os seres humanos e o planeta. 

Apoiándose nunha sólida tradición pedagóxica que vai de Rousseau á nova educación, os autores combinan neste volume reflexión teórica e propostas prácticas, viables e adaptables ao sistema educativo público. Lonxe de idealizar a natureza, Martel e Wagnon ofrecen claves didácticas para desenvolver proxectos educativos que fomenten a curiosidade, o pensamento crítico, a ecocidadanía e a xustiza social.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura