Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Elmer. libro e boneco

  • Ref. ZKL-3431284
  • ISBN: 9788413431284
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Tras Os Montes
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Unha edición especial en galego do clásico contemporáneo ?Elmer?, agora con boneco. 

Había unha vez unha manda de elefantes. Elefantes novos, elefantes vellos, elefantes altos, elefantes gordos e delgados. Elefantes dunha maneira e doutra, todos diferentes, pero todos felices e da mesma cor. Todos menos Elmer. Elmer era diferente. Elmer era de cores? 

Así comeza este clásico imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea, con máis de dez millóns de copias vendidas en todo o mundo. Un álbum que aborda con humor e con simpatía as dificultades para aceptarnos tal e como somos, e promove a tolerancia e o respecto á diversidade. 

Esta edición especial en formato pequeno, con encadernación en cartoné e esquinas arredondadas, inclúe un colorido e entrañable boneco de peluche do protagonista; o compañeiro ideal para compartir aventuras e confidencias ou para acompañar os máis pequenos na hora do conto e no seu descanso cada noite.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura