Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Crocodilo (formato grande)

  • Ref. ZKL-3434544
  • ISBN: 9788413434544
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Do Berce á Lúa
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Os títulos máis coñecidos da colección ?Do berce á lúa? nun formato máis grande ideal para contar e compartir.

Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para ?educar o ollo e adozar o oído?, como explica o seu autor, e a pesar da súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. 

Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos con máis éxito da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras ?Lúa? e ?Animais? chega ás librarías ?Crocodilo?, o cal se inicia cun extravagante réptil verde verde verde, que sobe nun baúl, que sobe nun castelo, que sobe...

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura