Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Animais noxentos

  • Ref. ZKL-3434506
  • ISBN: 9788413434506
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Coñecemento
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 08/10/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Un libro noxento e fascinante a partes iguais, un catálogo de seres sorprendentes con estratexias de protección e defensa do máis peculiares. 

Non o vas crer! Sabes que hai animais que comen a súa propia caca? E que outros disparan veleno dende o cu ou usan o seu propio moco como mecanismo de defensa? Benvido a un mundo «noxento»! Pero ademais de facer cousas que poden dar moito noxo, estes animais tamén poden ser fermosos, teñen estratexias abraiantes, sobreviven en lugares inhóspitos, aprenden doutros e son exemplos vivos da marabillosa Natureza. En realidade, só teñen mala fama e conseguiron, grazas á evolución, sistemas de defensa, cortexo ou alimentación que van sorprender. 

As ilustracións de trazo fresco e rápido de Mercè Galí acentúan o humor escatolóxico inherente aos textos rigorosos do biólogo José Ramón Alonso neste álbum que mostra algúns dos aspectos máis descoñecidos e fascinantes do reino animal e que, de certo, manterán as lectoras e os lectores pegados ao libro de principio a fin.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura