Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

A xirafa oriana

  • Ref. ZOQ-8717839
  • ISBN: 9788498717839
  • Editorial: Oqo
  • Autor: Gil Gil, Sabela
  • Colección: Colección O
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 01/03/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Este álbum conta, en verso, a historia da xirafa Oriana, que se ve obrigada a emigrar e buscar traballo noutro país. Lucía moitos colares, podía cruzar os mares e vixiaba de lonxe o que había no horizonte. O álbum constitúe unha ferramenta para que os primeiros lectores poidan achegarse a realidades que descoñecen e empatizar cos personaxes, entendendo as dificultades ás que se enfrontan aquelas persoas que teñen que fuxir da súa terra e buscar un novo fogar: un lugar seguro onde vivir en paz. Ela tivo que emigrar e atravesar todo o mar, cargando a súa equipaxe con esperanza e coraxe. Chegou logo a outro país, pensando alí ser feliz. Nos momentos máis complicados, Oriana, ao pasar por unha escola, escoita voces que lle preguntan e se preocupan por ela. Serán precisamente os máis cativos os que lle tenden unha man amiga, implícandose para procurar unha solución xusta. Unha homenaxe tamén á literatura oral, esencial para gozar da palabra, e aos narradores que viaxan, dun lugar a outro, levando as súas historias como equipaxe.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura