Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

A banda que ninguén coñece

  • Ref. ZKL-3433769
  • ISBN: 9788413433769
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Budde, Nadia
  • Colección: Demademora
  • Fecha de edición: 2025
  • Fecha de lanzamiento: 12/06/2025
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Un álbum divertido e gamberro ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.

Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estridentes, compases atolados, moi pouco afinados, con voces sen alento?. Que comece o concerto!

Unha nova proposta da ilustradora alemá Nadia Budde repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes para imaxinar a historia dun particular grupo de rock: A banda que ninguén coñece. Un álbum diferente, protagonizado por personaxes argalleiros, do máis diverso e disparatado, e unha nova proposta que convida a ?cantar e contar? ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura