Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Xogo de letras

  • Ref. ZKL-3434353
  • ISBN: 9788413434353
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Rubio Herrero, Antonio
  • Colección: Prelectores
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 10/09/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual.

As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección ?Do berce á lúa?. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna; un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación.

O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unha
obra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúen
tamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura