Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Un can e un gato

  • Ref. ZOQ-8717938
  • ISBN: 9788498717938
  • Editorial: Oqo
  • Autor: Carbonell Penichet, Paula
  • Colección: Colección O
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, afástanse, bótanse de menos? e achéganse de novo. Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, cambios de humor? Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar. Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con experiencias emocionais propias. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e mudar o mal humor en optimismo. En palabras da autora, Paula Carbonell, UN CAN E UN GATO poden ser como un pai e un fillo, dous irmáns, unha parella, os avós, ti e máis eu: como un can e un gato. As ilustracións foron realizadas en colaxe, técnica habitual nos traballos de Chené Gómez. Os recortes utilizados foron previamente elaborados con lapis e ceras co fin de crear diferentes texturas ricas en cor. A elección da cor tenta transmitir os estados de ánimo dos personaxes: o gato monta en cólera vermella cando o atrapa o can; a frescura do azul convídanos a correr xogando cos dous personaxes; o campo convértese nun arco da vella cando se reconcilian os amigos; o soño de ambos faise cálido nunha contorna de amarelos etc. Chené Gómez concibiu ao gato en tons cálidos e ao can en cores frías para potenciar a pertenza a naturezas distintas. Esta diferenza acentúase na portada do libro, onde os dous protagonistas aparecen separados por un abismo, aínda que se achegan con curiosidade. Unha proposta orixinal para gozar e emocionarse a partir dos tres anos.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura