Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Pelos e plumas

  • Ref. ZKL-3434223
  • ISBN: 9788413434223
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Galí, Mercè
  • Colección: Libros De Tea
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Un libro de tea diferente para coñecer os animais da granxa. 

?Pelos e plumas? é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida na granxa. 

As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algúns dos animais máis coñecidos e próximos -o can, a gata, o galo, o coello...-, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con ?Aletas e burbullas?, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado ás especies mariñas. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas para estas idades. 

Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura