Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Peixes de luz

  • Ref. ZKK-9213648
  • ISBN: 9788419213648
  • Editorial: Faktoria K De Libros
  • Autor: Ferradáns, Míriam
  • Colección: Tambo
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 08/10/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fuman
apoiados na varanda branca. Miran o mar.
Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles.


Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o cansazo, o desexo, a perda e a supervivencia. 

A luz aparece daquela non como salvación plena, senón como rescaldo: iso que brilla esvaradío, alén da materia ferida, no xesto mínimo, no corpo exposto, na memoria. E van emerxendo, nun tributo ao que foi, os trazos existenciais que nos angustian e nos salvan, iso que non se ve, esa sorte de mundo fantasmagórico que se percibe nos seres que non acaban de ter un lugar exacto ao que pertencer.

Nestes versos abrolla, nomeadamente, unha linguaxe atenta ao ritmo, á imaxe e ao silencio. Para, finalmente, deixar flotando nas ondas que move o vento a intimidade, o erotismo e a culpa, enunciados tamén desde o corpo feminino, porque a autora quixo, de xeito moi especial, falarnos do desexo das mulleres casadas con mariñeiros, unha realidade adoito despachada cun inxusto desleixo.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura