Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Onde bate o mar

  • Ref. ZXE-1108621
  • ISBN: 9788411108621
  • Editorial: Xerais
  • Colección: EdiciÓn Literaria - Narrativa
  • Fecha de edición: 2026
  • Fecha de lanzamiento: 10/09/2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

En diferentes puntos do litoral das Rías Baixas, despois dunha noite de treboada, aparecen os cadáveres dun experimentado navegante danés e dun veterano percebeiro de Baiona. As sorprendentes coincidencias entre eles e as circunstancias das súas mortes provocarán moita confusión na investigación que levan a cabo o inspector Antúnez, da Policía Nacional de Vigo, e a tenenta Lomba, da Garda Civil de Baiona. O que nun inicio son dous accidentes no mar, axiña se revela como un quebracabezas de rancores, morte e vinganzas que percorren xeracións. O pasado viquingo da vila baionesa, unha foca que perdeu o rumbo en augas galegas, un antigo e desgraciado naufraxio e un Porsche Panamera tecen unha trama da que emerxe a verdade, como un cadáver, cando cesa o temporal. Raquel Fernández constrúe en «Onde bate o mar» unha emocionante novela de intriga, onde a psicoloxía dos personaxes é perfilada con buril aguzado e onde o territorio é parte imprescindible da historia.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura