Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

O soño do osiño rosa

  • Ref. ZOQ-8717624
  • ISBN: 9788498717624
  • Editorial: Oqo
  • Autor: Aliaga Sánchez, Roberto
  • Colección: Colección O
  • Fecha de edición: 2025
  • Fecha de lanzamiento: 02/09/2025
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río... Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar. Cal é o soño dun osiño rosa?. A xirafa leváralle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra, unhas lentes de sol. Sen pretendelo, cada quen procurara o seu propio soño, e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio. Dunha maneira sinxela e efectiva, Roberto Aliaga preséntanos una historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para prestar axuda a alguén; o moucho sábeo e, antes de nada, pregúntalle ao osiño polo seu soño. Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea personaxes doces e entrañabeis, , cos que os lectores poderán identificarse. Alén diso, a ilustradora agocha en cada imaxe algún detalle, para que os máis pequenos se recreen e deixen voar a imaxinación.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura