Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

O carnaval dos animais (ed. anterior)

  • Ref. ZKL-4648239
  • ISBN: 9788484648239
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Abad, Jose Antonio
  • Colección: Libro-disco
  • Fecha de edición: 2021
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns. «O carnaval dos animais» é unha suite en 14 movementos composta en 1886 durante unhas vacacións de Saint-Saëns nun pobo austríaco. Trátase dunha composición humorística ?a modo de collage musical de obras do propio autor e de antigas cancións francesas ou pezas tan coñecidas coma o Can-can? pensada para interpretala nunha festa de carnaval, xa que os personaxes son animais diversos: leóns, tartarugas, elefantes, galiñas, canguros? Por desexo de Saint-Saëns, estreouse tralo seu pasamento e chegou a ser unha das súas obras máis exitosas. José Antonio Abad creou un texto literario cuxa lectura pódese acompañar coa audición dunha escolma das mellores interpretacións orquestrais. O relato recrea o ambiente de solemnidade da celebración e describe a chegada dos invitados, conformando unha postal de biodiversidade na que non faltan elementos fantásticos. As ilustracións de João Vaz de Carvalho complementan o espírito lúdico deste libro, con figuras caricaturescas.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura