Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Menstruación en marcha

  • Ref. ZKL-3434339
  • ISBN: 9788413434339
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: Calvo, Gloria A.
  • Colección: Ciencia
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Unha guía imprescindible para acompañar a chegada da menstruación e falar dela sen falsos mitos nin tabús.

Das autoras de ?Puberdade en marcha?, este novo libro proponse acompañar a etapa en que chega a menstruación con información precisa e rigorosa, deixando atrás mitos e tabús, para axudar así a comprender os cambios do corpo, as emocións que poden aparecer e as distintas formas de vivir este proceso. 

Que é exactamente a menstruación? Quen pode menstruar? Menstruar doe? Outros animais menstrúan? A menstruación é para sempre? Estas son só algunhas das cuestións ás que Gloria A. Calvo, Camila Lynn e Agostina Mileo dan resposta de forma clara e amena, incluíndo consellos, derrubando falsos mitos e inspirando novas preguntas. 

As coloridas ilustracións de Martina Trach son un exemplo de como a arte pode utilizarse para promover a educación e a aceptación. Ao reflectirse nelas a menstruación de maneira natural e sen prexuízos, contribúen a romper tabús, a normalizar as experiencias de cada persoa e a fomentar unha ollada máis aberta, inclusiva e respectuosa cara ao propio corpo e á diversidade.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura