Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Mañá, cando sexamos luns


Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendida a súa rutina co asasinato dun dos seus empresarios senlleiros. Unha cidade que é narrada por unha voz que son moitas voces e protagonizada por varias historias que se acaban confundindo. «Mañá, cando sexamos luns» é un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea. Unha novela onde a emigración, a soidade e a resistencia se converten nas verdadeiras protagonistas dunha narración que explora os límites entre a supervivencia e a dignidade.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura