Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Gorrións e falcóns


En 1467, trescentos vinte e dous anos antes da Revolución Francesa, instáurase en Galicia o primeiro goberno democrático de Europa ?despois do grego?, coa primeira Xunta de Melide. A carta do rei Enrique IV autorizando o derrocamento das fortalezas onde se ocultan malfeitores protexidos pola nobreza preeira, acende a faísca da revolta irmandiña que afunde as raíces da liberdade baixo os muros das fortalezas. Nobreza, clero, burguesía e pobo, sen distinción de idade, raza ou condición, loitan unidos contra os abusos xeneralizados e a violencia de moito señores, logrando botar do reino a todos aqueles que non xuran a constitución da irmandade aprobada polo rei. A esta causa uniranse os nobres Diego de Lemos e Maior de Ulloa, Pedro Osorio e Urraca de Moscoso, Alonso de Lanzós e María de Montaos, e vivirán peripecias vitais que poñerán a proba os límites do seu valor e o seu amorne. Neste libro nárranse os feitos que levaron a aquela apaixonante revolta. Sen zombis nin dragóns, a realidade do que pasou en Galicia a finais do século xv supera a ficción máis desatinada.
Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura