Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

Elas

  • Ref. ZKL-9213594
  • ISBN: 9788419213594
  • Editorial: Kalandraka
  • Autor: GutiÉrrez, Xulio
  • Colección: Ciencia
  • Fecha de edición: 2026
  • Número de páginas: 16
  • Dimensiones: 23x23x0,3 cm
  • Encuadernación: tapa dura

Non todas as especies viven en patriarcados. Neste libro descubrirás a relación que manteñen as femias dalgunhas especies con outros membros do grupo e como, en moitos casos, chegan a liderar a manda. 

Como unha femia moi nova chega a ser líder dunha manda de bisontes europeos? Como aprende a cazar focas unha candorca grazas á súa avoa? Como se sacrifica unha nai polbo para garantir a vida dos seus fillos? Cando perde o lugar de líder unha femia de suricata e como debe reorganizar a súa vida a partir dese momento? Por que as femias bonobo deben abandonar a súa familia cando son adultas? 

Este libro relata algúns dos momentos máis relevantes na vida das femias de dezaseis especies do mundo animal. 

Os debuxos de Lucía Cobo compaxinan o rigor e a precisión do debuxo científico coas metáforas, a delicadeza e a poética da ilustración.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura