Feran S.A. Especialistas en distribución desde 1957

A xogar!


Un orixinal libro-xogo que porá a proba a agudeza visual dos máis pequenos. 

Era un día despexado, ideal para xogar no bosque. Por iso, o oso, o esquío, o moucho, o lobo, o coello, a serpe, o paxaro, o xabaril, o lagarto e mais o ourizo corren entre as árbores mentres se escoita unha voz que brama: un, dous, tres, catro...

Tras o éxito de ?Chuvisca?, Fernando Pérez Hernando regresa cun novo álbum, esta vez en formato acartonado, que anima a lectores e lectoras a seguir os protagonistas no seu divertido e veloz percorrido na natureza.  O texto simple en letras maiúsculas (os números do un ao dez) conduce a historia ata un divertido e sorprendente final, que nos revela a que están a xogar.

Dirección general del libro, del Cómic y de la lectura, Ministerio de Cultura